Boqueixón e Vedra presentan ‘Correntes do Ulla’ con piragüismo, sendeirismo e voluntariado
As actividades terán lugar do 28 de xuño ao 17 de agosto e as inscricións poden formalizarse en www.boqueixon.gal e www.concellodevedra.gal Boqueixón, 27 de maio de 2025.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, presentaron hoxe o programa Correntes do Ulla, unha iniciativa conxunta de ambos os dous municipios que inclúe sete actividades co río Ulla como eixo central e que inclúen piragüismo, rutas de sendeirismo e un campamento de voluntariado. Toda […]