Santiago solicita a declaración de mercado residencial tensionado
O goberno local presidido por Goretti Sanmartín aprobou este luns a solicitude de declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado a proposta da Concellaría de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica para ser remitida á Xunta, a administración que ten a competencia para decretar a medida e que ten agora un prazo máximo de seis meses para pronunciarse. Na rolda de prensa posterior á reunión do goberno, na que compareceron a portavoz, Míriam Louzao, e o responsable de Urbanismo […]