Rianxo oferta sete postos no seu mercado municipal
O Concello de Rianxo pon a disposición de produtores, comerciantes e persoas emprendedoras sete postos no Mercado Municipal. Tal e como destacou o alcalde, Julián Bustelo, "trátase dunha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen poidan acceder a un espazo comercial nunhas condicións moi vantaxosas". "Carnes e peixes como na actualidade, ou outros como froitas, verduras ou pan, son só algún dos produtos que se […]