O Negreira, campión da Copa do Sar
O Negreira proclamouse campión da Copa do Sar este domingo despois de superar ao Calo nun enfrontamento vibrante que tivo de todo: goles, remontadas e unha decisiva quenda de penaltis que acabou decantando o título a favor dos nicrarienses. O conxunto de Adrián Vázquez chegou a esta final con moita ambición, consciente de que o dobre obxectivo de levantar o trofeo e lograr o ascenso á Terceira Federación aínda estaba ao seu alcance. Non tardaron en abrir o marcador […]