A San Silvestre Padronesa despedirá o ano cunha carreira solidaria de 5,7 quilómetros
O Concello de Padrón convoca novamente á cidadanía a participar na San Silvestre Padronesa 2025, unha cita deportiva xa consolidada no municipio e que combina exercicio, convivencia e solidariedade. A proba, non competitiva e aberta a todas as idades, celebrarase o mércores 31 de decembro ás 17:00 horas. O percorrido, duns 5,7 quilómetros, partirá do Paseo do Espolón, lugar onde tamén se realizarán as inscricións entre as 15:45 horas e 10 minutos antes do inicio. A organización lembra que a […]