AD

Actualidad

Fondo
AD

Comarca

As Carrilanas de Esteiro cancelan a súa edición de 2025

A Asociación Garrilanas Esteiro anunciou a cancelación do Gran Prix de Carrilanas e do Festival das Carrilanas 2025 por falta de respaldo do Concello de Muros. Nun comunicado oficial, lamentan que, tras 16 anos organizando o evento, non conten coas garantías administrativas, legais e económicas necesarias para a súa continuidade. O festival, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional en 2021, aspiraba a obter o selo de Interese Turístico Internacional, consolidándose como un referente cultural e económico para a comarca. […]

today19 marzo, 2025

Comarca

Regueira destaca en Padrón “o gran potencial deste concello de especial relevancia turística”

O vicepresidente, Xosé Regueira, visitou o concello de Padrón, onde se reuniu co alcalde, Anxo Rei Arca "Padrón é un concello que alberga elementos que o converten nun territorio moi interesante no escaparate turístico do país" sinalou o vicepresidente O concello de Padrón acolleu a visita do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que se reuniu co alcalde, Anxo Rei Arca, para abordar diferentes cuestións relacionadas co turismo no municipio. Regueira interesouse por algúns "elementos que Padrón alberga e que están […]

today19 marzo, 2025

Actualidad

Boiro medra porque «está de moda»: o alcalde anuncia 1.000 novas vivendas á beira do mar

José Ramón Romero analiza en Radio Líder os retos e avances do concello e confirma a súa presenza na protesta contra Altri O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago onde abordou os principais retos e proxectos do municipio. Durante a conversa, fixo balance da súa xestión, defendendo a mellora da situación financeira, o impulso á vivenda e ao polígono industrial e a aposta por servizos de calidade para os veciños. Ademais, reafirmou a […]

today19 marzo, 2025

Actualidad

Capitol estrea nova imaxe con motivo do seu 90º aniversario

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025 – A histórica sala Capitol celebrou hoxe o seu 90º aniversario cunha presentación especial que destacou a súa relevancia como espazo cultural en Santiago e revelou a nova imaxe gráfica conmemorativa, creada pola ilustradora galega Rebeca Losada. O evento contou coa presenza de diversas personalidades do mundo da cultura e a política, quen compartiron lembranzas e desexos para o futuro da emblemática sala. Unha historia que forma parte da cidade "Capitol é […]

today19 marzo, 2025

Actualidad

Nace Plataforma Galega Vivenda XA!: «A vivenda xa non é un fogar, senón un luxo»

O colectivo reclama medidas urxentes para garantir o acceso á vivenda digna e critica a inacción das administracións públicas O acceso á vivenda converteuse nun dos grandes problemas sociais de Galicia, afectando tanto á mocidade como ás familias e persoas en situación de vulnerabilidade. O incremento dos prezos do alugueiro, a falta de vivenda pública e a proliferación de pisos turísticos son algúns dos factores que están a complicar a situación. Ante esta realidade, un grupo de cidadáns decidiu dar […]

today19 marzo, 2025

Comarca

Citan na Estrada aos propietarios de 216 parcelas que serán expropiadas para ampliar a autovía AG-59

O Concello ten todo preparado para a instalación no Teatro Principal da unidade técnica que atenderá os afectados, entre o luns e o xoves. De luns a mércores a atención será de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00. O xoves o servizo só estará operativo pola mañá. Os propietarios teñen que acudir acompañados da documentación que acredite a súa identidade persoal e a titularidade sobre os bens afectados. A Estrada, 19 de marzo de 2025.- A Xunta de […]

today19 marzo, 2025

Comarca

Avanza a tramitación para a ampliar o polígono industrial de Toedo: “É un proxecto estratéxico para A Estrada»

O alcalde mantén un encontro no Concello con técnicos de Xestur centrado nos traballos para a aprobación do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE), previo á urbanización dos terreos. Esta segunda ampliación ten unha superficie prevista de 156.685 metros cadrados brutos e unha superficie en parcelas de 99.881  Xunto coa autovía e a vivenda pública, o incremento das opcións laborais no municipio veñen da man deste polígono industrial”, sinala o rexedor estradense. A Estrada, 19 de marzo de […]

today19 marzo, 2025

Actualidad

BNG, CA e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025. Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro. Con esta nova acción, os convocantes queren denunciar a “nula resposta da Xunta de Galicia e […]

today19 marzo, 2025

AD