Gran éxito de afluencia na IV edición de “Tanto monte, monte tanto” en Ames
O pasado 23 de novembro, o campo da festa de Trasmonte acolleu a cuarta edición da feira “Tanto monte, monte tanto”, organizada polo Concello de Ames. A pesar das condicións meteorolóxicas adversas que obrigaron a reducir o evento a unha única xornada, a feira logrou un éxito sen precedentes, duplicando a asistencia de 2023 e triplicando a de 2022. Con 25 expositores, obradoiros, exhibicións e degustacións gastronómicas, o evento consolidouse como unha cita imprescindible para poñer en valor os produtos […]