Verea reprocha á ANPA do Apóstolo Santiago non pedir desculpas por chamar ‘puto sinvergüenza’ a un edil
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, quixo comezar salientando o “máximo respecto” pola decisión da ANPA de promover unha iniciativa para cambiar o nome do colexio Apóstolo Santiago, así como a súa “total lexitimidade” para formular esta proposta. “Calquera colectivo da cidade está no seu dereito de facer propostas e defendelas publicamente, e iso forma parte da normalidade democrática”, sinalou Verea, que recoñeceu o papel das AMPA como parte activa da comunidade educativa. Porén, o dirixente […]