Melide, o concello galego con maior índice de doazón de sangue no 2023
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) leva esta semana ao concello coruñés de Melide a campaña especial de doazón “Somos Olímpicos,” que tentasensibilizar á cidadanía galega da importancia do solidario xesto da doazón de sangue nos meses de verán. Deste xeito, unha unidade móbil de ADOS estará estacionada no parque Rosalía de Castro en Melide, das 10:15 ás 14:00 e das 16:15 ás 21:00 horas para atender a todas […]