Silleda recoñece a dona Sara, mestra centenaria, como ‘(in)visible’ do mes de setembro
Aos 101 anos, dona Sara simboliza o legado das mestras rurais que marcaron xeracións en escolas de Silleda e arredores Silleda. 24-9-2024.- Neste mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, o Concello de Silleda recoñece a traxectoria de María Sara Asunción Fernández Blanco, coñecida como dona Sara, unha mestra que dedicou a súa vida ao ensino, e que aos seus 101 anos segue sendo un exemplo de compromiso, sabedoría e paixón pola educación. Dedicándolle o recoñecemento (in)Visibles, o […]