Luís Pérez celebra o uso da antiga lonxa para os redeiros tras anos de abandono
O Bloque Nacionalista Galego valora positivamente o anuncio realizado hoxe pola Conselleira do Mar no porto de Ribeira, no que se confirma que a antiga lonxa será destinada finalmente ao uso e reparación de redes e aparellos de pesca, dando resposta a unha vella reivindicación do sector do mar e do propio BNG. O exalcalde e portavoz, Luís Pérez, salienta que esta actuación permitirá que os redeiros conten por fin cun espazo cuberto e axeitado para desenvolver o seu traballo […]