A Selección Galega sub 17, á final da Fase Ouro do Campionato de España
A Selección Galega sub 17 supera ao País Vasco na quenda de penaltis e este domingo disputará a gran final da Fase Ouro do Campionato de España Unha xeración única. Un grupo máxico. Rumbo á gran final por primeira vez na historia. A Selección Galega sub 17 segue rompendo fronteiras. O combinado que prepara Quin Valbuena disputará este domingo a gran final da Fase Ouro do Campionato de España tras derrotar na semifinal ao País Vasco na quenda de penaltis. […]