Falecido un home nun incendio na súa vivenda en Ames
As forzas da orde investigan as circunstancias dun incendio mortal ocorrido esta mañá en Bertamiráns. Pouco antes das 10:00 horas, un veciño alertou ao 112 Galicia ao detectar unha densa fumareda nas zonas comúns dun edificio situado na rúa Alcalde Lorenzo. De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou os equipos de intervención, solicitando a asistencia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Brión, da Garda Civil e da Policía Local de Ames. Tamén foron informados […]