Na primeira fin de semana do Santiago(é)Tapas rexistráronse máis de 4000 votos
O XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, recibiu nos 4 primeiros días un total de 4.180 votos do público. Unha cifra que supón o 40% do total de votos recollidos durante a toda a pasada edición, na que se contabilizaron algo máis de 10.000. Estes datos corroboran a gran afluencia de público que percibiron os 42 locais participantes desde o pasado xoves 13 de febreiro, cando se iniciou o concurso, até este […]