Reunión de urxencia para atallar o incremento de delitos e drogodependencia en Santiago
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e Nacional, e representantes da asociación veciñal de Santa Marta e do Consello de Relacións Veciñal, para abordar a preocupación tanto polos últimos roubos rexistrados na cidade como polo aumento das drogodependencias. Na xuntanza, as Forzas de Seguridade deron conta do traballo que veñen desenvolvendo diante dunha problemática que, explicou o Goberno, “precisa dun enfoque integral que […]