O pregón de Lucía Freitas inaugura hoxe as Festas do Apóstolo ao son dunha foliada
As Festas do Apóstolo 2024 botan a andar este venres 19, cun pregón a cargo da cociñeira compostelá Lucía Freitas, que terá lugar ás 21.30 h desde o balcón do Pazo de Raxoi e que estará amenizado por unha foliada colectiva na praza do Obradoiro a partir das 20:30 horas á que está convidada toda a veciñanza. A praza do Quintana acollerá a continuación o concerto de Dakidarría, unha banda galega que fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos […]