Abre o aparcadoiro provisional no CHUS con 151 prazas
O Concello de Santiago vén de abrir o aparcadoiro provisional que se acondicionou desde o departamento de Proxectos e Obras, en colaboración con Tráfico, para lles dar servizo ás persoas usuarias do complexo hospitalario mentres se efectúan as obras de ampliación desa dotación sanitaria. Trátase dunha parcela municipal de 3.000 m2, situada a 150 metros da porta do hospital, que contou cunha intervención de urxencia que incluíu as rozas da vexetación, escavación, formación de noiros, obras de acceso […]