Padrón adía o Desfile e o Concurso de Entroido ao 15 de marzo
O Concello de Padrón informa de que, debido ás malas previsións meteorolóxicas, o desfile e o concurso de Entroido previstos para esta fin de semana quedan aprazados. A nova data de celebración será o sábado 15 de marzo. A decisión tomouse co obxectivo de garantir a seguridade e o bo desenvolvemento do evento, permitindo así que todas as persoas participantes poidan gozar do Entroido nunha xornada festiva sen inclemencias climatolóxicas que dificulten a súa celebración. Desde o Concello de Padrón […]