O PP de Santiago acusa ao BNG de permitir pintadas que danan o casco histórico
O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Adrián Villa, criticou nas súas redes sociais ao BNG, promotor da campaña “Compostela é fráxil”, por permitir, segundo el, o deterioro do casco histórico a través de organizacións vinculadas á formación nacionalista. Villa acusou ao goberno municipal de “hipocrisía” por impulsar unha campaña que supostamente busca preservar o patrimonio da cidade mentres, pola contra, “tolera actuacións que poñen en risco a súa conservación”. A súa denuncia, acompañada de imaxes que evidencian o mal […]