AD

Actualidad

Fondo
AD

Actualidad

Raxoi convida á veciñanza a compartir en redes sociais os seus recunchos favoritos de Compostela

13/05/2024 Con motivo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o Concello de Santiago lanza a campaña "Andei por Santiago/pisando estrelas" coa que convida á veciñanza a compartir en redes sociais os seus recunchos favoritos de Compostela ao mesmo tempo que se pon en valor a figura da poeta Luísa Villalta. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, detallou en rolda de prensa esta e outras iniciativas que terán lugar ao longo deste semana e que inclúen o acto de […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

Vila de Cruces inicia o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar por 4,5M€

O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas estará aberto ata o 3 de xuño O Concello aportará máis de 300.000 euros de fondos propios, asumindo un gasto 27 veces superior ao de 2018, “un extraordinario esforzo económico dirixido a un dos colectivos máis vulnerables, o das persoas maiores e dependentes” Vila de Cruces, 13 de maio de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O equipo de goberno do Concello de Vila de Cruces aprobou a apertura do proceso […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

Santiago sobe o Orzamento para comedores escolares e actividades un 40 %

13/05/2024 A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destinará 1.100.000 euros ás bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o próximo curso 2024-2025. É case un 40% máis que na pasada convocatoria, tal e como se recolle nas bases que hoxe aprobou a Xunta de Goberno, e que tamén introducen novidades en canto aos criterios de baremación e as contías das axudas. A concelleira María Rozas explicou que o obxectivo é "chegar a máis […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

Santiago contrata obras en cinco parroquias do rural por máis de 975.000 euros

13/05/2024 O executivo municipal deu luz verde esta mañá a cinco expedientes para levar a cabo diversas actuacións de pavimentación e mellora de instalacións en varias parroquias do rural compostelán por un importe total de 975.873,24 euros, ao abeiro do Plan Único de Concellos POS+ da Deputación da Coruña. En concreto, o Concello realizará obras de pavimentación no lugar de Vilamaior (Sabugueira), no núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro) e nos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

Os propietarios do Dépor rexeitan acudir á recepción no Concello da Coruña

O RC Deportivo comezou este luns as visitas aos seus principais patrocinadores institucionais e empresariais após lograr o ascenso a LaLiga Hypermotion. Así, a axenda do día inclúe recibimentos na Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e ABANCA, pendentes de pechar tamén un encontro esta semana con Estrella Galicia en canto a axenda permítao. Máis aló dos principais patrocinadores, no referente ao Concello da Coruña nestes momentos queda suspendida calquera visita institucional á espera da solución de todas as solicitudes […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

O PP reclama responsabilidades polos graves danos producidos no Obradoiro

O líder popular remarcou que “os nacionalistas recoñecían que había un informe de Patrimonio que prohibía as accións previstas no Obradoiro, supoñemos que, se ese documento era desfavorable, é porque advertía de posibles danos no noso patrimonio, polo que queremos que se faga público dito informe”. “Santiago non se merece un goberno que non dignifique, non protexa e non coide a súa esencia, como é o noso patrimonio e, por riba de todo, a praza do Obradoiro e a nosa […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

“Só tivemos unha patrulla da Policía Local e un vehículo de atestados durante a Ascensión”

O portavoz socialista pídelle explicacións ao bipartito e lembra que o número de efectivos nalgún día das festas estivo por debaixo do mínimo por quenda que establece o decreto de servizos mínimos ordinarios de xullo do 2022 Reclama una “mellor planificación dos efectivos” de cara o Son do Camiño e as festas do Apóstolo: “tanto para prestar un servizo adecuado para a cidadanía como pola seguridade dos propios axentes” Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024. Un operativo de […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

Recepción oficial ao equipo de fútbol gaélico Boqueixón, subcampión de Europa infantil e cadete

Boqueixón, 13 de maio de 2024.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, presidiu a recepción oficial que o Concello lles fixo aos xogadores e xogadoras, do equipo de fútbol gaélico Boqueixón, que vén de proclamarse subcampión de Europa nas categorías infantil e cadete. Unha recepción na que tamén participou o adestrador do equipo, David de la Torre, e integrantes da ANPA do CPI Antonio Orza Couto, promotores desta iniciativa como actividade extraescolar. Ovidio Rodeiro felicitou á rapazada pola súa […]

today13 mayo, 2024

Actualidad

A Casa de la Troya celebra este xoves unha xornada de portas abertas

Comeza así a súa temporada de primavera-verán, na que se poderán realizar visitas guiadas pola vella pensión de estudantes, en grupos de doce persoas como máximo Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O Museo Casa de la Troya reabre este xoves, 16 de maio, polo Día Internacional dos Museos, o vindeiro día 18, comezando así a súa temporada de primavera-verán, que se prolongará ata mediados de outubro. Con motivo desta efeméride, celebrarase unha xornada de […]

today13 mayo, 2024

AD