Os veciños da zona vella fartos polo ruído nocturno e a xestión da carga e descarga
A Asociación de Veciños da Cidade Histórica FONSECA celebrou hoxe unha rolda de prensa na súa sede do centro sociocultural Maruxa e Coralia, sito na praza Salvador Parga. O presidente, Roberto Almuíña; o vicepresidente, Xosé Baqueiro; e a vogal da entidade, María José Lorenzo, falaron no acto sobre cuestións relacionadas coa mobilidade na cidade histórica e outros temas de interese para a veciñanza como os fluxos e a taxa turística, a ocupación extensiva das terrazas ou a recollida de lixo. […]