Búscanse creadores de contidos en galego nos centros de ensino de Santiago
María Rúa, da canle PradoRua, e Nuria P. Espasandín, da canle Toxío, conducen encontros co alumnado nunha xira de obradoiros que nunha primeira quenda visita centros educativos de Santiago, Pontevedra e Moaña. Os Premios Youtubeiras, que repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras nas diferentes categorías, manteñen o prazo de inscrición aberto até o vindeiro 17 de novembro ás 23:59 h. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, […]