Vedra acolleu o Túnel do Viño da Ribeira do Ulla
O pasado venres 4 de outubro, tivo lugar na Casa de Cultura de San Miguel de Sarandón o Túnel do Viño da Ribeira do Ulla, unha iniciativa que tiña por finalidade poñer en valor os viños deste territorio. Participaron un total de 15 adegas (Gómez e Rial, Pazo Arretén, Marecaste, Castro de Balar, Casa do Sol, Chouzal, Adega Valdés, Lixeles, Mar de Envero, María Manuela, Mar de Frades, Lagar de Bendaña, Barallobre, Castro Brey e Pazo Vedoira) con 25 marcas. […]