O Concello de Oroso inicia as obras definitivas para mellorar o carril da Praza Isaac Díaz Pardo
O Concello de Oroso vén de poñer en marcha os traballos definitivos para corrixir as deficiencias detectadas no carril de vehículos da Praza Isaac Díaz Pardo, unha actuación que busca garantir a seguridade e a durabilidade deste espazo público. As incidencias, derivadas principalmente do levantamento dalgunhas losas debido ao paso continuado de tráfico rodado, foran previamente comunicadas á empresa adxudicataria. Dende o goberno local requiriuse unha intervención eficaz que asegure unha solución permanente e evite a repetición destes problemas no […]