Case cen sancionados en Santiago por exceso de velocidade nunha concentración ‘tuning’
A Policía Local de Santiago de Compostela propuxo case un cento de sancións durante un operativo especial realizado na noite do 25 ao 26 de abril con motivo dunha concentración de vehículos “tuning” nas inmediacións dos polígonos da Costa Vella e da Sionlla. En total, controláronse 210 vehículos na rúa de Castela e León, onde o límite de velocidade é de 30 km/h. A velocidade máxima rexistrada foi de 105 km/h e a media, de 38 km/h. Dos 96 vehículos […]