Un mozo ferido tras unha liorta con coiteladas na Alameda de Santiago
Un mozo tivo que ser trasladado na tarde do sábado ao Hospital Clínico de Santiago despois de resultar ferido con arma branca durante unha pelexa rexistrada na Alameda compostelá. Segundo indicaron fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press, o seu estado non reviste gravidade e a súa vida non corre perigo. Os feitos producíronse arredor das 20:30 horas, cando unha discusión entre dous mozos acabou derivando nun ataque con coitelo. De acordo coa versión policial, o detonante da […]