A Plataforma contra a planta de residuos en Cacheiras reclama ao Concello unha posición firme
Cacheiras (Teo), 9 de abril de 2026.– A Plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras - Aldeas Limpas compareceu no pleno extraordinario do Concello de Teo para trasladar a súa profunda preocupación polo proxecto de instalación dunha planta de tratamento e valorización de residuos da construción e demolición entre as aldeas de Feros e A Torre. A sesión estivo marcada tamén pola mobilización veciñal que se desenvolveu no exterior do Concello, onde numerosas veciñas e veciños da zona afectada se concentraron […]