Un cóctel con pementos de Herbón leva ao padronés Marcos Ferro ao mundial de Tokio
O barman padronés Marcos Ferro, responsable do local Botánico Coffee & Cocktail, vén de acadar un importante recoñecemento internacional ao proclamarse gañador do prestixioso certame de coctelería SIP Supernova Spain 2026, unha competición global que impulsa novos talentos da hostalería. Este concurso, promovido por Pernod Ricard e Altos Tequila, reúne a algúns dos mellores profesionais emerxentes do sector, converténdose nun trampolín cara á elite da coctelería mundial. Grazas a esta vitoria, Ferro representará a España no campionato mundial que se […]