Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 septiembre, 2025
• Para Adrián Villa, “Santiago atópase ante unha situación sen precedentes: a incapacidade política e de xestión dos nacionalistas, como o demostra que, cun tripartito de CA, PSOE e BNG e pasados nove anos, aínda non teñamos un novo contrato”.
• “Así mesmo, -engadiu Villa- gustaríanos saber si estamos pagando por uns autobuses aos que non lles funcionan as ramplas de discapacitados, preguntámonos si son esas as facturas que quere pagar o BNG?, é dicir, pagamos un alugueiro por un vehículo estropeado?”.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, afirmou hoxe que “o goberno nacionalista ten demostrado, sobradamente, que non é quen de xestionar o transporte público da capital de Galicia”.
Para o popular, “Santiago atópase ante unha situación sen precedentes: a incapacidade política e de xestión dos nacionalistas, como o demostra que, cun o tripartito de CA, PSOE e BNG e pasados nove anos, aínda non teñamos un novo contrato”.
Villa subliñou que o tripartito de CA, PSOE e BNG é o responsable de que “Santiago conte co peor transporte público do país, deixando que a cidade dea unha imaxe deplorable e de que a veciñanza teña perdido a confianza nun servizo público fundamental para o día a día, que soporta 1,5 avarías por xornada, autobuses ardendo, portas rotas, danos diversos e golpes, falta de limpeza, ruídos e un longo etcétera que toda a cidadanía ven observando desde hai anos”.
“Así mesmo, -engadiu Villa- gustaríanos saber si estamos pagando por uns autobuses aos que non lles funcionan as ramplas de discapacitados, preguntámonos si son esas as facturas que quere pagar o BNG?, é dicir, pagamos un alugueiro por un vehículo estropeado?. Resulta difícil de crer que calquera veciño estivese disposto a aboar un coche ao que non lle funcionan as portas”.
Os populares aproveitaron tamén para lembrar as palabras dos propios condutores que, en abril de 2023, denunciaban “violacións flagrantes en calquera normativa de seguridade, así como constantes fallos mecánicos nos vehículos” o que, ao entender do concelleiro, “non pode seguir así nin un minuto máis”.
Finalmente, o Partido Popular de Santiago indicou que “Sanmartín debe recoñecer o seu fracaso, tendo á capital de Galicia co peor transporte público do país”.
Escrito por Líder Redacción
mobilidade partido popular politica Santiago de Compostela transporte publico
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)