AD

Actualidad

«Os edís socialistas non tiveron ningunha presión do partido, sí de persoas con intereses nas VUT»

today24 junio, 2024

Background
share close
AD

O pasado venres, o PSOE anunciou a súa abstención ao borrador de ordenanza para a regulación das Vivendas de Uso Turístico (VUT) que o goberno local someterá a consideración plenaria este luns nun pleno extraordinario. A decisión foi comunicada polo secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza, quen criticou as “formas” da alcaldesa pola falta de «diálogo» a pesar de estar de acordo co fondo da norma, que basicamente reitera o que está establecido no PXOM, modificado polos propios socialistas en febreiro de 2023 para limitar os pisos turísticos na cidade.

Bouza centrou as súas críticas no feito de que a ordenanza exclúa os usos preexistentes, isto é, as VUT que operaban antes da modificación do Plan Xeral sen habilitación municipal. O socialista subliñou que a alcaldesa comprometérase a abordar esta cuestión e que está recollida na propia modificación do plan. Durante a súa intervención en Radio Líder Santiago, Bouza explicou de maneira ampla e contundente os motivos da abstención, sinalando que a ordenanza non ofrece solucións á veciñanza e non regula os usos preexistentes, reducindo o problema a un «trámite administrativo».

Segundo lembra Bozua, en Santiago, os pisos turísticos xa están limitados dende 2023 grazas á modificación do PXOM que aprobou o PSdeG e que está actualmente en vigor. Lembrou ademais que o BNG abstívose naquela votación, e agora, o cambio de criterio deste partido levou a que non apoiaran a limitación das VUT fai un ano. O socialista tamén destacou a falta de diálogo por parte da alcaldesa Goretti Sanmartín, lembrándolle que non ten maioría absoluta e necesita dialogar co resto de forzas políticas. O borrador da ordenanza que se vota na tarde deste luns é simplemente un formulario que, ademais, exclúe os usos preexistentes. «O pleno de hoxe é totalmente innecesario», explica.

Por outra banda, dende que se anunciara a abstención do grupo municipal socialista, a Plataforma para a Regulación de Vivendas Turísticas (PREVITUGA) emitiu un comunicado criticando a postura da dirección do PSdeG en Compostela. A plataforma acusa á dirección socialista de cambiar de opinión sobre un tema vital para a cidadanía, de presionar aos concelleiros para alterar o sentido do voto, e de traizoar os intereses da cidade e os seus votantes. Ademais, denuncian un intento de «pucherazo» desde as máis altas instancias do PSdeG. Un contido que Aitor Bouza nega categoricamente e incluso asegura, está cheo de «bulos». Deixando claro que «os edís socialistas non tiveron ningunha presión do partido, sí de persoas afectadas».

En resposta a dito comunicado, a Asociación Hostalería Compostela denunciou o uso indebido da súa imaxe no comunicado, afirmando que non foron consultados nin participaron no documento. A asociación rexeitou as acusacións de fraude electoral e ameazas a concelleiros, instando a que estas cuestións, de ser certas, sexan remitidas ao xulgado correspondente.

A polémica sobre a regulación das VUT e as posturas divididas dentro do PSdeG prometen marcar un pleno extraordinario tenso e decisivo para o futuro da normativa sobre vivendas turísticas en Santiago de Compostela.

Noticia relacionada: 

O concelleiros socialistas rompen a directriz do partido e votan a favor da ordenanza das VUT

A entrevista completa no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%