AD

Actualidad

Aitor Bouza presenta a súa candidatura á reelección como secretario xeral do PSOE en Santiago

today5 junio, 2025

Fondo
share close
AD
  • O actual dirixente ao fronte da dirección local reivindica “un partido activo, aberto á cidadanía e cun proxecto ilusionante para recuperar a alcaldía”
  • Chama á militancia a seguir o camiño iniciado “de maior proximidade, mobilización e defensa dun modelo de cidade máis xusto e vivible”.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025. Aitor Bouza presentará a súa candidatura ao proceso interno aberto no PSdeG-PSOE de Santiago co obxectivo de renovar a Secretaría Xeral local e a súa executiva. O actual responsable da dirección socialista compostelá aspira á reelección para dar continuidade ao proxecto iniciado: fortalecer o partido e consolidar a súa presenza na vida política e social da cidade.

A través dun vídeo no que reivindica con determinación o traballo desenvolvido nos últimos meses, Bouza lanza unha mensaxe directa á militancia: “Seguimos? Eu estou preparado”.

O dirixente subliña que a súa proposta parte da experiencia desta primeira etapa da Executiva Municipal, centrada na proximidade, a mobilización e a defensa dun modelo de cidade máis xusta, inclusiva e vivible.

Nesa liña, defende un PSdeG activo, presente na rúa e aberto permanentemente á cidadanía, co fin de construír un proxecto ilusionante que permita recuperar a alcaldía de Santiago. “As grandes transformacións que modernizaron a cidade e melloraron a vida das e dos composteláns viñeron da man dos gobernos socialistas. Temos a obriga e a responsabilidade de volver ser a forza de goberno que Compostela necesita”, sinala.

Bouza móstrase moi crítico coa actual situación da cidade, que considera paralizada pola xestión do executivo nacionalista. “Santiago non precisa dunha alcaldesa que vende fume. Precisa futuro”, afirma. E interpela á militancia para camiñar xuntos na senda do cambio: “Ese futuro constrúese contigo. Escoitando. Na rúa. Loitando xuntas”.

O actual secretario xeral destaca tamén a recuperación do pulso interno do partido nesta primeira etapa, cunha militancia protagonista e implicada. “Neste tempo recuperamos o que nunca debemos perder: a forza e a ilusión da militancia”, afirma, reivindicando a reactivación política e social do PSdeG en Santiago. “Hoxe, o Partido volve estar vivo. E iso nótase”.

Un dos piares fundamentais desta revitalización foi a reapertura da sede socialista como espazo de participación, debate e escoita activa. Un lugar de encontro desde o que se impulsaron actividades, actos públicos e iniciativas que deron voz á militancia e achegaron o partido á sociedade compostelá. “Estivemos onde ti estiveches: loitando polos teus dereitos, pola igualdade, pola cultura, polos servizos públicos”, lembra Bouza no vídeo, no que lanza unha mensaxe clara de compromiso e futuro: “Queda moito por facer, pero estamos preparados”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *