Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 abril, 2026
O domingo 5 de abril a Asociación para a Loita Contras as Enfermidades do Ril repartiu 1.800 dípticos informativos ás persoas que se achegaron ao encontro entre o Obradoiro CAB e o Palencia
O domingo 5 de abril Alcer Coruña instalou unha mesa informativa no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela para achegar ás persoas asistentes ao partido entre o Obradoiro CAB e o Palencia a importancia dos hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal.
Antes do encontro, persoas voluntarias da entidade repartiron nas 5 portas de acceso ao recinto 1.800 dípticos informativos con recomendacións xerais para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde renal. Todas elas puideron desfrutar despois do partido, dentro da grada solidaria do club compostelán.
Con esta actividade, Alcer Coruña continúa a súa labor de promoción da saúde e prevención da enfermidade renal, achegando información accesible á cidadanía en espazos de gran afluencia como os deportivos. Desde a entidade incídese na importancia de incorporar hábitos como unha alimentación equilibrada, a práctica regular de exercicio físico, a hidratación adecuada e o control de factores de risco como a hipertensión ou a diabetes para previr a enfermidade renal; que se estima que nuns anos se converterá na terceira causa de morte en España.
Alcer Coruña
A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, ten como obxectivo prestar atención psicosocial e mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e aos seus familiares na provincia de A Coruña. Ademais da atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal, entre os obxectivos da entidade tamén está a sensibilización á cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables.
Esta actividade inclúese dentro do programa “Alcer 7 Vidas” que Alcer Coruña desenvolve no Concello de Santiago de Compostela para o fomento dos hábitos de vida saudables e a sensibilización a prol da doazón de órganos.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)