Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O BNG de Touro denunciou a inacción da corporación municipal fronte á caída das reservas de auga ao nivel mínimo por segundo ano consecutivo, criticando que o goberno local se limite a emitir bandos sen adoptar medidas estruturais para afrontar o problema. O partido nacionalista sinala que o Concello está a xestionar a situación cunha resposta insuficiente, ignorando as alternativas e solucións que o BNG ten presentado nos plenos municipais.
A crítica do BNG xorde tras a recente emisión dun bando polo alcalde de Touro, Jesús Martínez Pereira, no que se alerta á veciñanza sobre o incremento do consumo de auga e a caída das reservas a niveis mínimos. No bando, o alcalde fai un chamamento á corresponsabilidade e á racionalidade no uso da auga, solicitando un esforzo da cidadanía para evitar a necesidade de restricións.
O BNG considera que a emisión do bando é unha medida paliativa, pero non suficiente, destacando a necesidade de accións máis contundentes e investimentos en infraestruturas que garantan un abastecemento sostible. «Non se pode traballar só cun bando, mentres se ignoran as propostas que levamos tempo presentando para atallar este problema de maneira efectiva», subliñou o portavoz do BNG, quen insistiu na urxencia de tomar medidas reais para asegurar o subministro de auga á veciñanza.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)