Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Arzúa vén de detectar un vertedoiro incontrolado na zona de San Martiño, unha práctica que cualifican de “inadmisíbel” ao supoñer un atentado contra o medio ambiente, deteriorar a imaxe do municipio e poñer en risco a saúde pública.
Desde o consistorio lembran que a veciñanza dispón de servizos municipais gratuítos para a correcta xestión dos residuos. Entre eles, o punto limpo situado no polígono industrial de Arzúa e o servizo de recollida de voluminosos, dispoñíbel baixo aviso previo no teléfono 981 500 000.
O goberno local fai un chamamento á responsabilidade cidadá, insistindo en que manter Arzúa limpa e coidada “é responsabilidade de todas e todos”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)