Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 noviembre, 2025
De esquerda a dereita: Eloi Devesa, portavoz municipal, Almudena Taboada, Noelia Castaño e Óscar Antón.
Teo, 14 de novembro de 2025.- Almudena Taboada será a nova concelleira do BNG en Teo despois de que Noelia Castaño presentara a súa dimisión por causas persoais e profesionais. Castaño agradeceu a confianza do BNG e sinalou a súa disposición para seguir colaborando coa formación nacionalista.
Veciña de Teo e activa participante en colectivos sociais do concello, a que será a nova concelleira, Almudena Taboada, concorreu ás eleccións no posto número 4 da candidatura do BNG polo que pasará a ocupar a praza que deixa vacante Noelia Castaño. Ademais, Taboada ten responsabilidades organizativas no BNG da comarca e da localidade e participou en diversas asociacións e ANPAs do concello, tanto de ensino primario como secundario.
A até agora concelleira, Noelia Castaño, notificou na asemblea local nacionalista a súa decisión de deixar o cargo «por motivos persoais e profesionais que fan difícil compatibilizar coa actividade política municipal». En todo caso, a até agora concelleira, insistiu en trasladar o seu compromiso coa formación nacionalista e a súa disposición a colaborar na medida das súas posibilidades.
Almudena Taboada, xa anunciou a súa vontade de «continuar o traballo desenvolvido por Noelia Castaño e sumar forzas para esixir que a actividade municipal reverta na mellora da vida da veciñanza de Teo».
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)