AD

Comarca

Ames aborda o problema da vivenda con dúas charlas informativas

today13 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • A charla, que recibe o nome “O problema da vivenda: dereitos e solucións”, aborda cuestións contractuais, como os dereitos e obrigas á hora de comprar ou alugar, a transparencia ou a documentación obrigatoria
  • Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e impartirase o martes 14 no Milladoiro e o mércores 15 en Bertamiráns

Ames, 13 de abril de 2026.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá os días 14 e 15 de abil, no Milladoiro e en Bertamiráns,
respectivamente, o relatorio “O problema da vivenda: dereitos e solucións”. A charlaimpartirase na Casa de Cultura do Milladoiro e no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, ambos días ás 19.30 horas. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

A UCGAL volve organizar xornadas formativas para toda a veciñanza de Ames. Nesta ocasión, cun relatorio chamado “O problema da vivenda: dereitos e solucións”, o vindeiro 14 de abril, na Casa da Cultura do Milladoiro e o día 15 no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Ambos días, a charla comezará ás 19.30 horas.

As persoas que asistan a este relatorio recibirán unha instrución sobre a cuestión da vivenda dende unha óptica contractual, onde se abordará a temática dos dereitos e obrigas á hora de comprar ou alugar, a transparencia contractual, a documentación obrigatoria ou a protección fronte a cláusulas abusivas. Este relatorio será clave para poder comprender diversas cuestións legais de alta importancia.

Máis actividades da UCGAL

Este non será o último relatorio da UCGAL este ano, xa que, no mes de setembro, a Unión de Consumidores de Galicia ten programada outra formación. Baixo o nome Comercio electrónico: como evitar fraudes, as persoas participantes recibirán unha instrución sobre como comprar e vender en liña de xeito seguro e sorteando estafas. As localización e datas deste relatorio están aínda por determinar.

Servizo da UCGAL en Ames

Estas actividades enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Asemade, é importante lembrar que os veciños e veciñas que queiran facer algunha consulta nas oficinas de consumo sobre este tema ou calquera outro, soliciten cita previa para dispor dos servizos que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Deste xeito poderán facer unha consulta personalizada e individual sobre cada caso en particular.

O persoal técnico da UCGAL atende ás persoas consumidoras do Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. En Bertamiráns, as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina e a atención ao público realízase os xoves de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:30 horas.

Para obter cita previa pódese chamar ao número de teléfono 662 13 03 12 ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@consumidores.gal .

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *