Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 noviembre, 2025
Ames, 26 de novembro de 2025.- O Concello de Ames prepara unha celebración especial para despedir o ano este 31 de decembro, cunha programación pensada para que a veciñanza poida gozar da festa sen saír do municipio. Baixo o lema “Este 31 de decembro queda no teu concello… Fin de Ano en Ames!”. As dúas citas anunciadas sumaranse ás tradicionais Prebadaladas, que se celebrarán, coma todos os anos na Praza do Concello.
Tras as Prebadaladas, na mesma localización (Praza do Concello) celebrarase de 17:00 a 21:00 horas o denominado tardeo. Será unha proposta pensada para todos os públicos, coa intención de crear ambiente festivo desde primeira hora da tarde e fomentar os encontros entre a veciñanza nun espazo seguro e accesible.
Xa entrada a madrugada, tras as badaladas, terá lugar unha Festa de Fin de Ano que se celebrará no pavillón de Bertamiráns, de 01:00 a 08:00 horas, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Trátase dunha das principais novidades da programación municipal para este ano, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio nocturno no propio concello.
O alcalde Blas García explicou que esta “é unha demanda da mocidade de Ames, que se mobilizou e veu solicitarnos ampliar a programación de Fin de Ano para poder festexar este día no seu concello. Nós estamos encantados de poder responder e esperamos que sexa todo un éxito para mantelo no tempo e convertelo en tradición”. O rexedor tamén indicou que este é un modo de limitar os desprazamentos nesta noite de Fin de Ano para as persoas que desexen festexala, e un modo de aliviar as familiar da carga dos desprazamentos durante esta noite.
Durante esta noite de fin de ano o Concello de Ames habilitará un servizo especial de autobús para facilitar os desprazamentos da veciñanza de Ames ao evento e garantir unha festa segura. Dende o Concello convídase a toda a cidadanía a participar desta celebración pensada para gozar en comunidade, con seguridade e sen necesidade de coller o coche. Toda a información sobre esta programación será revelada o luns, 1 de decembro.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)