Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ames, 13 de decembro de 2025.- O Concello de Ames vén na Casa da Cultura do Milladoiro a FestAmes Diversa 2025, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Benestar Social co obxectivo de dar visibilidade aos colectivos diversos e promover unha sociedade máis inclusiva.
O evento, organizado con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, reuniu a numerosas veciñas e veciños do municipio nunha tarde marcada pola participación, a convivencia e o recoñecemento do traballo que desenvolven as entidades sociais de Ames.
Durante o acto, a concelleira de Benestar Social, Uxía García, destacou a importancia de seguir impulsando políticas públicas que garantan a inclusión real e a igualdade de oportunidades, poñendo en valor o papel fundamental das entidades sociais e das persoas que traballan cada día por unha sociedade máis xusta. Pola súa banda, Blas García foi o encargado de clausurar a xornada, agradecendo a participación de colectivos, voluntariado e público asistente, e reafirmando o compromiso do Concello de Ames coa diversidade como eixo transversal da acción municipal.
A gala estivo presentada pola actriz Carlota Mosquera e contou cun programa variado no que se combinaron actuacións artísticas e a presentación de proxectos inclusivos. Entre os momentos máis destacados estivo a actuación musical do colectivo Freestyle People, así como as exhibicións de baile realizadas por asociacións locais.
Tamen se deu a coñecer o proxecto “A Nosa Champions”, unha liga de fútbol inclusiva dirixida a persoas con discapacidade superior ao 33%, que exemplifica o compromiso do tecido asociativo e deportivo da comarca coa igualdade de oportunidades.
O público puido participar ademais en espazos lúdicos como o photocall e o fotomatón, pensados para fomentar un ambiente festivo e de encontro entre persoas de todas as idades.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)