Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 noviembre, 2024
Ames, 25 de novembro de 2024.- O Concello de Ames fai un chamamento á colaboración veciñal para a detección de pozos sen rexistrar, cubrir ou en mal estado. Se tes coñecemento de algún ou queres informarte para o rexistro dalgún da túa propiedade non dubides en chamar ao 981 88 30 02 en horario de 9.00 horas a 15.00 horas e pide falar co departamento de Medio Ambiente ou envía un correo a gabinete@ames.gal cos datos do pozo en cuestión.
Tralo incidente ocorrido o pasado sábado, 23 de novembro, no que un rapaz tivo que ser rescatado dun pozo de 6 metros de profundidade en Bertamiráns localizado nunha finca d de titularidade privada, o Concello de Ames inicia unha campaña na que reclama colaboración veciñal para a detección deste tipo de infraestruturas, que representan un gran perigo para a poboación debido a que habitualmente encóntranse en mal estado por mor do abandono por parte dos propietarios ou mesmo polo propio descoñecemento da súa existencia. Afortunadamente o cativo atópase en bo estado e os propietarios da finca xa foron notificados para que procedan a tapar o pozo.
Dende o Concello apélase á responsabilidade dos propietarios para manter en bo estado estas infraestruturas e a rexistralas para evitar incidentes como o do pasado sábado. Por outra banda anúnciase que se fará unha revisión das propiedades municipais por se puidese existir algún pozo do que na actualidade non se teña constancia e pídese colaboración para a detección dos mesmos. As vías de comunicación co Concello para alertar sobre esta cuestión son o número de teléfono 981 88 30 02 e o correo gabinete@ames.gal.
Fai pouco máis dunha semana xa se actuou dende a concellería de Medio Ambiente nunha finca próxima ao CEIP de Barouta, despois de que un veciño alertara dun pozo descuberto nas inmediacións do centro. Dende o Concello `procedeuse a cubrir o pozo e a balizalo, para despois localizar e notificar ao propietario do terreo, que resultou ser a Xunta de Galicia, quen automaticamente pasou a facerse cargo da situación.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)