AD

Actualidad

Ames convén cunha entidade bancaria a cesión de 68 vivendas para alugueiro social

today6 agosto, 2024

Fondo
share close
AD

Das 68 vivendas están dispoñibles 54, das cales na actualidade foron adxudicadas 19 e 23 están na fase final do proceso. As restantes (12) están pendentes da corrección de concordancias no catastro

Os requisitos que deben cumprir as familias beneficiarias son contar con recursos económicos comprendidos entre o 0,7 e 0 2,5 do IPREM, con prioridade ás persoas pertencentes a colectivos vulnerables

A concelleira de Benestar Social, Uxía García: “Desta maneira damos resposta aos veciños e veciñas sen recursos que nos piden axuda para acceder a unha vivenda digna. Este tipo de políticas devólvenlle a dignidade ás persoas”

O alcalde, Blas García: “A vivenda é un punto clave do mandato 23-27. A parte deste convenio estamos traballando xunto co IGVS para creación de máis de 200 vivendas de protección pública no Milladoiro e incentivando a promoción privada no resto do concello”

O Concello de Ames, no marco do convenio asinado por FEGAMP e IGVS para o desenvolvemento de vivendas baleiras no ámbito do Plan Galego de rehabilitación, alugueiro  e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, agora Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, vén de convén a cesión de 68 vivendas baleiras pertencentes a unha entidade bancaria para a súa posta a disposición das familias de Ames que o necesitasen.

O programa derivado do Pacto da vivenda de Galicia 2021-2025, de mobilización de vivendas baleiras permitiu que o Concello de Ames incorporase esas 68 vivendas para un alugueiro social comprendido entre 207 e 285 euros ao mes, cunha duración do contrato dun ano con prórroga obrigatoria ata un máximo de 7 anos. A propiedade conta tamén con dúas pólizas de seguros financiadas polo IGVS que garanten impagos, defensa xurídica e responsabilidade civil. Por outra banda o propietario dos inmobles, a entidade bancaria, terá unha bonificación de ata o 50 % do IBI nas propiedades cedidas ao programa de vivendas baleiras.

O requisito mínimo para poder ser beneficiario destas vivendas é o de contar con recursos económicos limitados, comprendidos entre o 0,7 e o 2,5 do IPREM e a adxudicación das propiedades realízase por prioridades dos colectivos vulnerables aos que pertenza cada unidade familiar: execucións hipotecarias, desaloxo por impago de renda, familias numerosas, familias monoparentais, familias con menores a cargo, diversidade funcional, vítimas de violencia de xénero… Por outra banda as características do inmobles adxudicados tamén serán adaptadas ao tipo de unidade familiar, priorizando os baixos para persoas con mobilidade reducida e os pisos de maior número de habitacións a familias con maior número de integrantes.

Das 68 vivendas están dispoñibles 54, das cales na actualidade foron adxudicadas 19 e 23 están na fase final do proceso. As restantes (12) están pendentes de solucionar concordancias no catastro para poder adxudicarse de igual maneira que o resto. A concelleira de Benestar Social, Uxía García, sentenciou que “desta maneira damos resposta aos veciños e veciñas sen recursos que nos piden axuda para acceder a unha vivenda digna. Este tipo de políticas devólvenlle a dignidade ás persoas”

A vivenda, un punto clave  do mandato 2023-2027

A vivenda está sendo unha peza central das políticas que se pretenden levar a cabo neste mandato 23-27 por parte do Goberno. Este convenio é só unha das vías que se están executando para paliar o déficit de vivenda, xunto coa posta a disposición de parcelas municipais ao IGVS para a construción de vivenda pública e as facilidades postas ao sector privado para desenvolver vivenda en Ames. O alcalde, Blas García  recordou que “a vivenda é un punto clave do mandato 23-27. A parte deste convenio estamos traballando xunto co IGVS para creación de máis de 200 vivendas de protección pública no Milladoiro e incentivando a promoción privada no resto do concello”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%