AD

Actualidad

Ames estrea as Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino

today9 julio, 2024

Fondo
share close
AD

A Garda Civil realizou no Camiño no ano 2023, máis de 6.300 servizos, 1.900 actuacións, 963 controles e identificacións e 193 auxilios e rescates

Este ano sumáronse axentes dos Carabinieri italianos, GNF franceses, GNR portugueses, e Policía Rodoviaria Federal de Brasil

Ames, 28 de xuño de 2024.- A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu xunto co alcalde de Ames, Blas García, a presentación das Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino da Garda Civil que estarán despregadas ao longo dos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago ata o 1 de novembro.

A subdelegada informou que as OMAP´s estarán activas durante os meses de maior afluencia de peregrinos no Camiño de Santiago, desde o día 28 de xuño ata o 1º de novembro.

Ademais dos efectivos da distintas comandancias da Garda Civil ao longo do Camiño, este ano sumáronse axentes das policías estranxeiras dos Carabinieri italianos, GNF franceses, GNR portugueses e a Policía Rodoviaria Federal de Brasil.

A OMAP presta servizo nun vehículo tipo furgoneta rotulado bicolor, co logotipo da OMAP en español e en inglés. Está dotada cos medios necesarios para a recepción de denuncias “in situ” .

Entre as funcións asignadas e estes equipos están as de incrementar a seguridade cidadá naqueles espazos e lugares de maior concentración de peregrinos, a de proporcionar información e asistencia na tramitación das denuncias; a resposta policial ante situacións de risco ou conflito;  a activación dos recursos propios e doutros servizos de emerxencia ou asistenciais (auxilio, informativo, sanitario, rescate, etc.).

Ademais as OMAP proporcionan información sobre o Camiño de Santiago, así como sobre os servizos públicos que poidan ser de interese para as persoas camiñantes, proporcionando e consellos sobre seguridade para mellorar a súa experiencia no Camiño de Santiago.

O alcalde, Blas García, amosou a súa satisfacción e o agradecemento á subdelegada do Goberno por escoller ao concello de Ames para presenta estas oficinas móbiles que “tan boa labor fan á hora de orientar e axudar ás peregrinas e peregrinos”. Por outra banda tamén se dirixiu aos distintos corpos policiais presentes para felicitalos pola súa labor, “especialmente importante nun municipio como o Ames polo que discorren 3 camiños”.

A subdelegada quixo resaltar o traballo que desenvolve a Garda Civil ao longo dos máis de 600 quilómetros das diferentes rutas de Camiño de Santiago na provincia da Coruña. Neste sentido indicou que no ano 2023, en relación ao xacobeo, leváronse a cabo algo máis de 6.300 servizos, con 1.900 actuacións, 963 controles e identificacións e 193 auxilios e rescates.

“Neste sentido quero resaltar que o ano 2023 foi un ano récord de camiñantes, 446.000 persoas tiveron como obxectivo chegar a Santiago de Compostela, e cada vez son máis as mulleres que por diversos motivos realizan esta peregrinación, ano tras ano a súa presenza vai a máis. Xa representan xa o 53% das persoas que fan o camiño (máis de 230.000 mulleres no último ano), mulleres que en moitos casos camiñan soas e sen compañía, por este motivo tamén quero poñer en valor que estas unidades formen parte tamén da campaña #NoCaminasSola “Camiño Libre de Violencias Machistas”, sinalou María Rivas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%