AD

Comarca

Ames inviste máis de 730.000 € no novo servizo de desbroce, limpeza e mantemento do rural

today11 abril, 2026

Fondo
share close
AD

O alcalde, Blas García, destaca “a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza amesá. É unha clara aposta polo rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais. Coa adxudicación deste novo contrato o Concello de Ames volve apostar pola economía social e os centros especiais de emprego”

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este servizo foi licitado por primeira vez no ano 2021 co obxectivo de poñer en marcha unha brigada específica de limpeza e mantemento no rural. O anterior contrato tivo que resolverse debido á quebra da anterior concesionaria de dito servizo. Agora, vólvese apostar por este servizo cun novo contrato que foi adxudicado á empresa Coregal Parques e Xardíns SL

Ames, 10 de abril de 2026.- O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local este xoves, 9 de abril, a adxudicación do novo contrato dos servizos de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais do municipio. O orzamento de adxudicación do novo contrato ascende a 733.920 euros (IVE incluído), que estará dividido nos exercicios 2026, 2027 e 2028. O contrato terá unha duración inicial de dous anos, con posibles prórrogas. A través deste servizo vanse realizar os traballos de limpeza, mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais. Tamén se realizarán tarefas de mantemento dos contornos de lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas e canalizacións de pluviais de titularidade municipal. Actuarase nas 11 parroquias do concello de Ames e nun total de 107 núcleos rurais.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do novo contrato dos servizos de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais amesáns. Dito contrato foi adxudicado á empresa Coregal Parques e Xardíns SL. Deste xeito, o Concello volverá a contar cun servizo específico para realizar traballos de mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais, incluíndo tamén as zonas próximas aos lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas, canalizacións de pluviais, etc., que sexan de titularidade municipal.

O Concello de Ames ten o deber de executar as correspondentes operacións de conservación e mantemento dos viarios de acceso e interiores dos núcleos rurais co obxectivo de preservar o estado de ditas vías. Deste xeito, a través de dito servizo vanse executar traballos de desbroce nas marxes dos camiños de acceso aos núcleos de poboación, así como nos seus interiores.

O alcalde, Blas García, destaca “a importancia de volver a contar con este servizo que foi posto en marcha no ano 2021 cunha moi boa acollida entre a veciñanza amesá. É unha clara aposta polo rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais. Coa adxudicación deste novo contrato o Concello de Ames volve apostar pola economía social e os centros especiais de emprego”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este servizo foi licitado por primeira vez no ano 2021 co obxectivo de poñer en marcha unha brigada específica de limpeza e mantemento no rural. O anterior contrato tivo que resolverse debido á quebra da anterior concesionaria de dito servizo. Agora, vólvese apostar por este servizo cun novo contrato que foi adxudicado á empresa Coregal Parques e Xardíns SL”.

Investimento municipal

O orzamento de adxudicación ascende a 733.920 euros (IVE incluído), que está dividido nos exercicios 2026, 2027 e 2028. Durante o exercicio 2026 (de maio a novembro) está previsto un gasto de 183.480 euros. Para 2027 (de decembro de 2026 a novembro de 2027) o gasto do contrato ascende a 366.960 euros, mentres que para 2028 (de decembro de 2027 a abril de 2028) recóllese un gasto de 183.480 euros. O contrato terá unha duración inicial de dous anos, con posibles prórrogas.

A empresa adxudicataria do servizo, Coregal Parques e Xardíns SL, ten que presentarlle ao Concello de Ames unha planificación da totalidade dos traballos a desenvolver. O Concello de Ames poderá introducir modificacións en dito plan, con relación ao alcance, secuencia e ordenación de operacións que permitan mellorar a calidade dos traballos conseguidos sempre e cando, non excedan do alcance orzamentario previsto para a execución do traballo.

Equipo de tres ou cinco persoas

O servizo contará cun equipo mínimo de tres persoas traballando simultaneamente durante 8 meses do ano, pasando a ser cinco traballadores/as durante o período estival (catro meses ao ano). Estes traballos inicialmente serán realizados en xornada partida de mañá e tarde, aínda que se poida estudar a posibilidade de realizalos en xornada continua, pero cumprindo o horario de 8 horas diarias (40 horas semanais).

Actuarase nas 11 parroquias do concello de Ames e nun total de 107 núcleos rurais. Os traballos de limpeza e mantemento dos accesos e interiores dos núcleos rurais executaranse en Agrón (14 núcleos); na Ameixenda (8 núcleos); Ames (18 núcleos); Biduído (13 núcleos); Bugallido (11 núcleos); Covas (8 núcleos); Lens (2 núcleos); Ortoño (15 núcleos); Piñeiro (6 núcleos); Tapia (3 núcleos); e Trasmonte (9 núcleos).

Centros especiais de emprego de iniciativa social

Este novo contrato foi adxudicado a un centro especial de emprego de iniciativa social. Cómpre salientar a aposta do Concello de Ames pola economía social e os centros especiais de emprego, xa que en 2023 o Concello de Ames adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes á empresa Coregal Parques e Xardíns SL, por un importe de 1.531.860 euros (IVE incluído). Agora dita empresa tamén resulta adxudicataria deste novo contrato.

Neste senso, tamén hai que destacar que o Concello de Ames foi premiado en novembro de 2023 co Premio Cegasal á Administración Local debido a súa longa traxectoria apostando pola economía social e os centros especiais de emprego de iniciativa social.

Ademais, recentemente, en xuño de 2025 o presidente de Cegasal, Mino Martínez Lago, visitou á Casa do Concello, en Bertamiráns, para manter unha xuntanza no salón de Plenos co alcalde e cos concelleiros e concelleiras do grupo de goberno. Mino Martínez puxo a Ames como exemplo a seguir por outras administracións en prol da integración laboral de persoas con diversidade funcional.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *