AD

Comarca

Ames suspende a tradicional Cabalgata e mantén a Gran Festa de Reis

today3 enero, 2025

Fondo
share close
AD
  • O Concello de Ames modifica a súa programación de Reis polas condicións meteorolóxicas adversas previstas para este domingo, suspendendo así a tradicional Cabalgata de Reis
  • A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou os motivos desta modificación, “despois dunha reunión, tomamos a decisión de suspender as cabalgatas do día 5 de xaneiro pola tarde. Creo que temos que primar a seguridade, sobre todo dos nenos e nenas. Eso si, mantemos a Festa de Reis nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns, aumentando as horas para así gozar de todos xeitos dunha gran festa”.

Ames, 3 de xaneiro de 2025.- O Concello de Ames modifica a súa programación da Gran Festa de Reis debido ás predicións meteorolóxicas adversas previstas para este domingo. Deste xeito, suspéndese a cabalgata de Reis, trasladando toda a actividade do día aos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Polo tanto, os nenos e nenas de Ames poderán gozar da visita dos Reis Magos a cuberto, cunha gran festa que incluirá charanga e DJ. No Milladoiro a festa será desde as 17.00 horas ata as 19.00, mentres que en Bertamiráns será desde as 19.00 horas ata as 21.00. A apertura de portas en ámbalas dúas localidades será media hora antes do inicio da actividade. Cómpre destacar que os nenos e nenas que tiñan previsto ir nas carrozas coas Súas Maxestades poderán estar con eles durante a festa no pavillón e, ademais, terán prioridade para subir cos Reis na cabalgata do vindeiro ano.

O Concello de Ames modifica a programación da súa Gran Festa de Reis polas predicións meteorolóxicas previstas para este domingo día 5 de xaneiro. Deste xeito, suspéndese a tradicional Cabalgata de Reis, trasladando toda a actividade do día aos pavillóns municipais. Os nenos e nenas de Ames non quedarán sen a visita dos Reis Magos, pois a festa de Reis mantense, aumentando as horas de actividade prevista.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou os motivos desta modificación, “despois dunha reunión, tomamos a decisión de suspender as cabalgatas do día 5 de xaneiro pola tarde. Creo que temos que primar a seguridade, sobre todo dos nenos e nenas. Eso si, mantemos a Festa de Reis nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns, aumentando as horas para así gozar de todos xeitos dunha gran festa”.

Ampliación de horarios nos pavillóns

Deste xeito, a apertura de portas no pavillón municipal do Milladoiro será ás 16:30 para dar comezo á festa de 17.00 a 19.00 horas. No caso de Bertamiráns, a apertura de portas producirase ás 18.30 e a festa será de 19.00 a 21.00 horas. En ámbalas localidades os asistentes poderán gozar coas actuacións da Charanga Bicoia, Charanga TNT e os Tiralle do Aire así como da animación a continuación ao cargo dos DJs reais.

Cómpre destacar que todos os nenos e nenas que estiveran na listaxe para subir cos Reis Magos ás carrozas poderán gozar dese momento dun xeito diferente, pois entrarán nos pavillóns á festa xunto co seu Rei Mago asignado. Así mesmo, os nenos e nenas que tiñan previsto ir este ano nas carrozas quedarán na listaxe para participar na cabalgata do ano que vén.

Quedan ocos libres para as Recepcións Reais do sábado 4

O resto da programación de Reis de Ames mantense, tanto as visitas dos Reis polas parroquias, como o servizo de tren e as Recepcións Reais previstas para hoxe venres 3 como para mañá sábado 4. Con todo, quedan ocos libres para as recepcións reais na tarde do sábado, entre as 18.00 e as 19.30 horas. Para as persoas interesadas en acudir, só é necesario que se presenten a esa hora nos pavillóns, sen necesidade de cita previa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%