AD

Comarca

Ames organiza o VII Día do Deporte este venres 19 de setembro no Milladoiro

today16 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza un ano máis o Día do Deporte, unha xornada na que se organizan unha ampla variedade de actividades deportivas e que se celebrará este venres, 19 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas.
  • A veciñanza poderá gozar de diferentes actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, ciclismo, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, patinaxe, judo e taekwondo
  • A concelleira de Deportes, Susana Señorís, resalta que “esta xornada ten como obxectivo trasladar á rúa parte das actividades que se desenvolven dentro das escolas deportivas municipais así como no programa ‘Ponte en forma’ e é unha oportunidade para que a veciñanza coñeza como se desenvolven”

Ames, 16 de setembro de 2025.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza un ano máis o Día do Deporte, unha xornada na que se organizan unha ampla variedade de actividades deportivas e que se celebrará este venres, 19 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas. Ademais, tamén haberá inchables para os máis pequenos. É unha ocasión para que todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben cal é a súa disciplina idónea, teñen a oportunidade de poder probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames. Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Por sétimo ano consecutivo, a veciñanza poderá gozar de diferentes actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, ciclismo, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, patinaxe, judo e taekwondo. As persoas que participen en seis das actividades propostas recibirán un agasallo na carpa de participación. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, resalta que “esta xornada ten como obxectivo trasladar á rúa parte das actividades que se desenvolven dentro das escolas deportivas municipais así como no programa ‘Ponte en forma’ e é unha oportunidade para que a veciñanza coñeza como se desenvolven. Desde a concellería de Deportes, o que buscamos é que os veciños e veciñas de tódalas idades realicen actividade física, que coñezan varias disciplinas deportivas e que proben, pois nunca se sabe onde pode estar o deporte que máis nos guste ou no que mellor nos sintamos”.

Esta xornada é unha proposta de actividades lúdicas que melloran a calidade de vida das persoas que practican estes deportes. Ademais, non só é beneficioso e positivo para poñer en forma o corpo, senón tamén para prever enfermidades como as coronarias, e incrementar a autoestima e o optimismo. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben a disciplina pola que queren decantarse, teñen a oportunidade ideal de probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames.

Actividades do VII Día do Deporte

Polo tanto, a sétima edición do Día do Deporte terá lugar este venres, 19 de setembro, na área deportiva do Milladoiro. Haberá unha extensa oferta deportiva que se estenderá ao longo de tres horas e media, repartidas en horario de tarde, de 16:30 a 20:00 horas.

Deste xeito, haberá actividades dirixidas: aerozumba, spinning e baile moderno, que se desenvolverán desde as 17.30 ata as 20.00 horas (spinning de 17.30 a 18.30 horas; aerozumba de 18.30 a 19.15 horas; e baile moderno de 19.15 a 20.00 horas). Por outro lado, desenvolveranse actividades de atletismo, organizadas polos dous clubs amesáns desta disciplina. De 16.30 a 17.30 horas será a quenda do club Ames Atletismo, na zona verde do Milladoiro, mentres que desde as 18.30 ata as 20.00 horas estará o club Atletismo Millaraio na pista de tenis exterior.

Continuando con outras disciplinas, haberá actividade de baloncesto, impartida polo club Basquet Ames de 18.00 a 20.00 horas na pista principal do pavillón; fútbol sala, a cargo do F.C. Meigas de 17.00 a 18.00 horas na pista de fútbol sala exterior; patinaxe, que impartirán conxuntamente o club Patinaxe Sarela e o CPA Omega de 16.30 ás 18.00 horas na pista principal do pavillón; xincanas de ciclismo, que correrán a cargo do Velostar Escola de Ciclismo, desde as 18.00 ata as 20.00 horas na pista de fútbol sala exterior; ou xadrez, pola Escola Ames Xadrez, desde as 19.00 ata as 20.00 horas no ximnasio do pavillón.

Tamén haberá piragüismo, que se realizará na piscina descuberta do Milladoiro, impartido polo club Ribeiras do Tambre de 16.30 a 20.00 horas. Así mesmo, tamén se impartirán no ximnasio do pavillón deportivo taekwondo, impartido por Tkdenodo Ames, de 18.00 a 19.00 horas, e ximnasia rítmica da man do Club Ximnasia Ames, de 19.00 a 20.00 horas.

Por último, impartiranse no ximnasio do pavillón unha actividades máis, judo, desde as 17.00 ata as 18.00 horas. A pista de tenis exterior acollerá tamén a actividade de tenis, desde as 17.00 ata as 18.30 horas. Ao longo de toda a xornada haberá inchables para os máis pequenos na zona verde do Milladoiro.

Todas as persoas que participen en, polo menos, seis actividades, recibirán selos que lles permitirán recibir un agasallo na carpa de organización.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *