Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Ames reprogramou a actuación da orquestra Olympus para o venres, 19 de setembro, no aparcadoiro do SuperCor, en horario de 21.00 a 00.00 horas
Dita actuación, que se enmarca na programación do Ames en Festas 2025, estaba prevista para o martes 5 de agosto como peche das festas da Madalena, pero tivo que ser cancelada por motivos meteorolóxicos (fortes refachos de vento) ao non garantir a seguridade dos asistentes e do equipo da propia orquestra
Ames, 25 de agosto de 2025.- O Concello de Ames reprogramou a actuación da orquestra Olympus para o venres 19 de setembro. Dita actuación, que se enmarca na programación do Ames en Festas 2025, estaba prevista para o martes 5 de agosto como peche das festas da Madalena, pero tivo que ser cancelada por motivos meteorolóxicos (fortes refachos de vento) ao non garantir a seguridade dos asistentes e do equipo da propia orquestra. Finalmente, a actuación da orquestra Olympus farase o 19 de setembro como festa de final de verán, no aparcadoiro do SuperCor, en horario de 9.00 a 00.00 horas.
A programación “Verán en Ames 2025” rematará coa actuación da orquestra Olympus o venres, 19 de setembro, no aparcamento do SuperCor no Milladoiro. O Concello de Ames reuniu nun único cartel toda a programación de actividades que se celebraron durante os meses de xuño, xullo, agosto e se realizarán no vindeiro mes de setembro en Ames.
Deste xeito, dende o pasado mes de xuño programáronse preto de 50 actividades, entre as que destacan a programación de Ames en Festas, os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia, o concurso Baila con Ames, o festival ABANEA, o concerto de Mondra no parque do Ameneiral, a programación da semana da mobilidade, etc.
Peche do verán coa Olympus
A actuación da orquestra Olympus, inicialmente incluída na programación do Ames en Festas 2025, estaba prevista para o martes 5 de agosto como peche das festas da Madalena, pero tivo que ser cancelada por motivos meteorolóxicos (fortes refachos de vento). Esta situación meteorolóxica non garantía a seguridade dos asistentes e do equipo da propia orquestra, polo que decidiuse suspender a actuación e reprogramala para unha nova data.
Finalmente, a actuación da orquestra Olympus farase o venres, 19 de setembro, como festa de final de verán, no aparcadoiro do Supercor, en horario de 9.00 a 00.00 horas, para facilitar a asistencia de publico adulto e familiar. A festa rematará arredor da medianoite para compatibilizar tanto a diversión como o descanso da veciñanza do Milladoiro.
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “este ano imos despedir a programación de verán coa actuación da orquestra Olympus. Debido á cancelación da actuación de dita orquestra o pasado 5 de agosto, decidimos programala para o 19 de setembro para despedir a programación estival cunha gran festa no Milladoiro. A través do programa Verán en Ames 2025 queremos que a nosa veciñanza e as xentes da contorna desfruten das nosas actividades, festexos e eventos”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)