AD

Comarca

Ames poñerá terreos a disposición da Xunta para a construción dunha residencia pública

today30 abril, 2025

Fondo
share close
AD

O alcalde, Blas García, explicou que Ames debe ser unha prioridade para o executivo autonómico á hora de establecer unha das 24 residencias anunciadas, tanto por poboación como pola necesidade existente deste tipo de servizos de atención ás persoas maiores

En todo o territorio amesán non existe ningunha instalación pública destas características, polo que é preciso poder contar o antes posible cunha residencia pública en Ames, que atenda a demanda deste tipo de servizos de atención a persoas maiores

Ames, 30 de abril de 2025.- O Concello de Ames porá a disposición da Xunta de Galicia terreos para a construción dunha residencia de maiores no termo municipal amesán. Este ofrecemento está motivado nas recentes declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que anunciou o plan de residencias “máis ambicioso” da historia. Dende o Concello de Ames foron varios os alcaldes, de distinto signo político que trataron, sen éxito, de que o goberno autonómico aténdese esta reclamación histórica que se está a converter nunha necesidade ineludible.

O alcalde, Blas García, explicou que Ames debe ser unha prioridade para o executivo autonómico á hora de establecer unha das 24 residencias anunciadas, tanto por poboación como pola necesidade existente deste tipo de servizos de atención ás persoas maiores.

Dende o Concello de Ames, un concello que medra ano a ano, e que conta cunha especial sensibilidade cos servizos de conciliación para a rapazada, entendemos que non podemos quedar fóra do que o presidente da Xunta de Galicia denomina como o plan de residencia “máis ambicioso” da historia porque tamén é necesario facer políticas pensadas para as persoas maiores.

En todo o territorio amesán non existe ningunha instalación pública destas características, polo que é preciso poder contar o antes posible cunha residencia pública en Ames, que atenda a demanda deste tipo de servizos de atención a persoas maiores.

Creación dun centro de atención a persoas maiores

Dende o Concello de Ames lévase tempo traballando para crear infraestruturas que traten de mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. Pois iso desta volta preténdese que Ames dispoña dunha das 24 novas residencias que a Xunta vai a construír en Galicia con 1.800 prazas para maiores en concellos de menos de 50.000 habitantes..

Por outra banda, de xeito paralelo, o Goberno municipal xa iniciou xestións para a creación dun centro de atención a persoas maiores. O Arcebispado e o Concello comprométense a asinar antes do 30 de xuño de 2025 un contrato de alugueiro ou convenio por medio do que se articule a cesión de uso en favor do Concello de Ames, por un prazo de 29 anos dende a sinatura, da Casa reitoral de San Tomé de Ames, situada no lugar de Cruxeiras, xunto coas edificacións anexas e o predio do que forma parte, de 1.953 metros cadrados de superficie.

O Concello de Ames comprométese a rehabilitar a edificación, destinala a centro de atención a persoas maiores e en situación de vulnerabilidade e emerxencia social, habilitar un despacho para o párroco de Ames nas dependencias anexas á Casa reitoral e garantir o uso compartido do Arcebispado dunha sala na planta baixa da devandita Casa reitoral.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *