AD

Actualidad

Ames prepárase para un Entroido cheo de actividades e festa

today17 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

«Queremos que todo o mundo coñeza Ames e participe no Entroido», destacou Blas García, alcalde do municipio, nunha entrevista este luns en Radio Líder Santiago.

O Concello de Ames ultima os preparativos para o seu Entroido, que se celebrará do 26 de febreiro ao 7 de marzo cunha programación diversa e participativa. O alcalde, Blas García, destacou que este evento será «un Entroido para todos, con actividades para nenos, maiores e toda a veciñanza».

A festividade terá dous núcleos principais de celebración: Milladoiro e Bertamiráns. «Antes había certa confusión entre os veciños sobre onde se facía cada ano, e agora decidimos fixar os eventos principais en cada zona», explicou García.

Un dos eventos centrais será o desfile de carrozas do domingo 2 de marzo no Milladoiro, acompañado pola charanga Mecánica. «O obxectivo é implicar ás asociacións e veciños para que o Entroido sexa realmente de todos», comentou o alcalde.

A celebración coincidirá cunha etapa da volta ciclista «O Gran Camiño», o que supón un reto organizativo. «Temos que coordinar ben os horarios para que ambas citas poidan convivir sen problemas», afirmou García, quen asegurou que xa se teñen medidas para evitar interferencias.

No ámbito das innovacións, o Concello valora establecer temáticas anuais para o Entroido, tal e como se fai no Nadal co concurso de escaparates. «É unha idea que se comentou na última xuntanza, pero precisamos máis tempo para organizalo ben», indicou o alcalde.

O Día de Rosalía: Cultura e Memoria

Ademais do Entroido, Ames tamén celebrará o Día de Rosalía con diferentes actividades culturais. «Queremos que Rosalía estea presente na rúa, por iso decoraremos mobiliario urbano con versos da autora», revelou García. A programación incluirá unha gala o 24 de febreiro coa participación de Uxía Senlle e actividades para escolares, como a degustación do «Caldo de Gloria» nos comedores municipais.

«Rosalía nunca deixará de estar de moda. É unha figura que temos que defender e manter viva», concluíu Blas García.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *