Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 noviembre, 2023
Ames, 22 de novembro de 2023.- O Concello de Ames foi premiado este martes, 21 de novembro, co premio Cegasal á Administración Local debido “a súa longa traxectoria apostando pola economía social e os centros especiais de emprego de iniciativa social”. O galardón entregouse no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.
Recolleron o premio o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz. O rexedor destacou que “o Concello de Ames ten como prioridade principal que a súa veciñanza viva cunha boa calidade de vida. É fundamental para cumprir este obxectivo que a xente poida formarse e traballar, pois esta é a base de todo proxecto de vida”. García finaliza destacando que “non é casualidade que Ames é o único concello de Galicia que medra. Gobernamos por e para a xente, para que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades sen condicionante algún”.
Pola súa parte a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, apuntou que “este non é o recoñecemento ao traballo dun ano, este é o premio ao empeño do Concello de Ames por mellorar a vida da xente. Seguiremos traballando nesta liña os próximos catro anos. Formación, integración laboral e axuda ao emprendemento son as liñas mestras de traballo desta Concellaría”
Dende Cegasal describen ao Concello de Ames como “un exemplo de como xestionar un municipio sen deixar a ninguén atrás, así como de sensibilidade para os que teñen maiores dificultades”.
Cegasal
Cegasal é unha organización empresaria sen ánimo de lucro de carácter multisectorial que se constitúe en 1997 como entidade de referencia, defensa, promoción erepresentación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de Economía Social, como son os Centros Especiais de Emprego cuxo obxectivo é fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social e a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)