AD

Comarca

Ames reforza o seu compromiso coa creación de vivenda pública e privada

today19 junio, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Ames continúa avanzando nunha estratexia integral para garantir o acceso á vivenda e promover un urbanismo sostible e cohesionado. O goberno local anunciou varias actuacións que inclúen tanto promocións públicas como privadas co obxectivo de dar resposta á crecente demanda habitacional e facilitar o acceso a vivendas a prezos máis accesibles.

Entre as iniciativas máis inmediatas, destaca a aprobación de dúas novas licenzas urbanísticas para a construción de dous edificios residenciais en Bertamiráns, que suporán a creación de 16 e 27 vivendas, respectivamente. Así mesmo, está prevista a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para impulsar unha promoción de vivenda de protección pública en O Milladoiro, unha actuación clave para ofrecer vivenda asequible.

O Concello tamén traballa nos pregos de licitación de cinco parcelas municipais para que promotores privados poidan desenvolver vivenda, unha medida pensada para atraer investimento e fomentar unha oferta variada e equilibrada no termo municipal.

O alcalde, Blas García, subliñou que “a promoción de vivenda, tanto pública como privada, é unha prioridade absoluta deste goberno”. Engadiu que estas accións están aliñadas co programa municipal e co traballo iniciado hai anos, cando se puxeron a disposición da veciñanza máis vulnerable un total de 69 vivendas baleiras propiedade dunha entidade bancaria.

O executivo local colabora activamente coa Xunta de Galicia, o Goberno de España, Sareb e promotores privados para aumentar o parque de vivenda dispoñible e abaratar os prezos, consolidando así a visión de Ames como un lugar accesible, de calidade e pensado para vivir.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *