Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 marzo, 2024
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta semana unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura. A xuntanza estivo presidida polo alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e pola técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Participaron un total de 23 asociacións, representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e maila directora da EMMA, Pilar Martínez
Os temas máis importantes que se abordaron foron a elección dos 11 vogais membros das asociacións que formarán parte do Pleno do Consello, a ampliación do programa “Música nas parroquias” a outras parroquias, unha maior aposta pola danza e a creación dun ciclo de monólogos
Ames será sede dunha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria de subvencións culturais e para a promoción de fesas populares no exercicio 2024
Ames, 7 de marzo de 2024.- O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta semana unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura. A xuntanza estivo presidida polo alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e pola técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Participaron un total de 23 asociacións, representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e maila directora da EMMA, Pilar Martínez. Os temas máis importantes que se abordaron foron a elección dos 11 vogais membros das asociacións que formarán parte do Pleno do Consello, a ampliación do programa “Música nas parroquias” a outras parroquias, unha maior aposta pola danza e a creación dun ciclo de monólogos. Ames será sede dunha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria de subvencións culturais e para a promoción de fesas populares no exercicio 2024.
Este pasado martes, 5 de febreiro, realizouse no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura de Ames. En dito encontro participaron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e maila técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Estiveron representadas un total de 23 asociacións municipais. Tamén estiveron representados todos os grupos políticos con representación na Corporación municipal e asistiu a directora da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), Pilar Martínez.
Todos os/as representantes das asociacións manifestaron o seu interese por formar parte do Consello. En canto aos 11 vogais membros das asociacións que formarán parte do Pleno, acordouse que as asociacións interesadas enviarán ao departamento de Cultura un escrito manifestando o seu interese.
No caso de que houbera máis de 11 asociacións que manifestaran interese, convocarase de novo o Consello para proceder á votación e elixir aos 11 vogais, xa que segundo establece o regulamento o nomeamento dos vogais que forman o Pleno corresponde ao propio Consello. No punto de propostas para o ano 2024 o alcalde e concelleiro de Cultura expuxo que ademais de manter os programas que se estiveron desenvolvendo ata o de agora de forma satisfactoria (programación das artes escénicas, cine, festivais de música, maxia…), destacou que se vai levar o programa “Música nas parroquias” a outras parroquias e apostar por un maior apoio á danza. Deste xeito, o concello de Ames será sede dunha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”.
O rexedor e concelleiro de Cultura tamén destacou o fomento da narración oral creando un ciclo de monólogos. Aínda así solicitou a colaboración das persoas que forman parte do Consello para que fagan achegas para lograr unha maior dinamización da programación cultural.
Subvencións culturais e de promoción das festas 2024
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames vén de aprobar hoxe xoves, 7 de marzo, a convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2024. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Este tema tamén se abordou no Consello sectorial da Cultura.
Tamén se debateu unha proposta para regularizar as solicitudes de grupos de música tradicional que solicitan as asociacións e comisións de festas. Acordouse que dende o departamento de Cultura se vai enviar un borrador dunha proposta para que as asociacións poidan facer achegas sobre dito documento.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)